[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Lama, A » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Lama, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
LAMA, A 

Introducción

O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes.

Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.

No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior.

Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Pontesampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1987, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e equipamento do local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/10/2008 14:28
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/