[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cerdedo » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cerdedo
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
CERDEDO 

A documentación

A primeira actuación do Servicio Técnico do Patrimonio Documental no arquivo do Concello de Cerdedo desenvolveuse no ano 1986, conseguíndose centraliza-la documentación nun só local e a instalación e disposición para a súa axeitada conservación e manexo. En sucesivas actuacións levouse a cabo a adaptación ó novo cadro proposto a nivel nacional para a organización de arquivos municipais, a incorporación de novos fondos documentais e a informatización dos instrumentos de descrición.

Rematado o último proceso de organización e descrición dos fondos documentais conservados no Concello de Cerdedo inventariáronse un total de 1.407 unidades de instalación, con documentos que teñen como datas extremas os anos 1858 a 2016, sendo en todo caso maioritariamente do século XX e téndose notado a existencia de considerables perdas documentais.

Notable ausencia son a práctica totalidade dos libros de actas do Pleno anteriores a 1896 e a ausencia de testemuños do funcionamento da Xunta Municipal de Asociados antes de 1919. A maior parte da documentación, seguindo o patrón típico dos arquivos municipais desta provincia, é recente e pertence ás seccións de Facenda e Servicios, especialmente relacionada coa xestión e control presupostario, con testemuños dende 1892, as contribucións territoriais rústica e urbana, dende 1923, e o control e fomento urbanístico, dende 1929.

Dispón esta documentación de guía, cadro de clasificación, inventario somero e inventario detallado , cun total de 9.513 rexistros, a disposición de posibles usuarios no propio Concello e no Arquivo da Deputación Provincial.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2016 11:50
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/