[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Porriño, O » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Porriño, O
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
PORRIÑO, O 

O local

A casa do Concello de Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en1924.

É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vanos e a rica ornamentación.

Arde esta edificación no ano 1976, destruíndose na práctica totalidade o seu interior; a reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e conlevou a ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.

Instalábase o arquivo ata a última ampliación na torre que resalta na casa do concello, con evidentes necesidades espaciais e sensibles problemas de humidade. Por elo se considerou necesario instalar un novo local que mellorase as condicións de conservación documental.

O local dedicado na actualidade a arquivo sitúase no soto da casa do concello, con acceso dende a planta baixa, rehabilitando para este uso unha sala practicamente rectangular, dotada dos equipamentos precisos para a súa función, especialmente estantería metálica compactada, ordenador e mesa de consulta. Presenta xa unha clara insuficiencia para albergar a inxente producción documental do concello.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/11/2003 13:49
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/