O local
A actual casa do concello é unha construcción exenta, en pedra, rematada no ano 1924 e remozada en varias ocasións, que se distribúe en baixo e planta.
O local dedicado a arquivo ocupaba unha sala da ala dereita da planta baixa, con forma rectangular e unha superficie de trinta metros cadrados e unhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación e cos equipamentos necesarios para a súa función de conservación e información documental.
A insuficiencia espacial da mesma e as necesidades derivadas das actividades municipais conlevaron o traslado do arquivo a unha edificación próxima, que viñan ocupando ata ese momento as dependencias de Servizos Sociais. Dispónse agora o arquivo municipal na primeira planta da edificación, mantendo a distribución existente, con catro salas de diferentes tamaños, unidas por un amplo pasillo central. Nestas dependencias intaláronse, en estantería metálica, a totalidade dos fondos documentais, tanto do propio concello coma do xulgado de paz.
|