[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cambados » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cambados
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
CAMBADOS 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 6.649 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1831 ata o 2016.

A maior parte desta documentación corresponde ó século XX e ás seccións de Servicios e Facenda, especialmente procedentes da xestión e control de obras municipais e particulares e dos presupostos municipais.

Pola súa importancia destacan os libros de actas dos diferentes órganos de goberno e comisións dende 1837 aínda que non todos están ben conservados e existen certas perdas irreparables. Destacaríamos do resto a serie completa de quintas dende 1840 ou dos presupostos ordinarios do Concello con referentes documentais dende 1850.

Este conxunto, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello como no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 47.716 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2016 11:42
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/