[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Valga » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Valga
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
VALGA 

Introducción

O territorio do concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, configurado polo leito do río Ulla, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Dodro, Pontecesures, A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis e Catoira.

Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados, con cincuenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza, nas que residen máis de seis mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xurden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis.

Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisonomía actual.

Deste funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, tralos que derivou na actual situación: un local debidamente equipado para a súa conservación, tratamento e consulta.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1986-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/10/2005 13:29
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/