[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 16 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Ribadumia » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Ribadumia
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
RIBADUMIA 

Introducción

O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados.

Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía.

Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.

Deste funcionamento continuado do concello xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación, na que se dispón en locais equipados para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón un total de oito novas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora do local, a pesar de non se teren acadado aínda as idóneas condicións por unha variada causalidade.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/05/2007 08:43
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/