[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE OUTUBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Meis » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Meis
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
MEIS 

A documentación

Neste local instaláronse as 2.169 unidades resultantes do proceso organizativo, logo do proceso de actualización e adaptación á proposta elaborada para a organización de arquivos municipais a nivel nacional, desenvoltas sucesivamente nos anos 1986, 1987, 1994, 2000, 2001, 2006, 2008, 2010, 2012 e 2014.

Maniféstase na información que desta publicación se detrae a sensible perda que supuxo o incendio de 1930, xa que con anterioridade a esta data, agás algún escrito, non se conserva documento ningún.

Con posterioridade a esta data dispón o concello dun arquivo completo, debidamente organizado, no que destacan as seccións de Facenda e Servizos, especialmente a documentación presupostaria e de control impositivo.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 16.216 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:39
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/