[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cotobade » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cotobade
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
COTOBADE 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 2.639 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai de 1831 ata 2016.

Neste conxunto destaca a conservación completa das actas do Pleno dende o ano 1836, como fonte informativa de extraordinaria riqueza para o coñecemento das actuacións e acontecementos a nivel local. Os documentos máis antigos corresponden ás quintas e milicias. A documentación presupostaria consérvase dende 1841, supondo o maior volume dentro do total das series do arquivo, no que ten menor incidencia en comparación con outros casos a documentación relacionada co control das construccións e industrias.

Consérvanse tamén, neste caso, xunto co resto dos libros do Rexistro Civil, os libros de nacementos, defuncións e matrimonios que elaboraba o concello dende 1841 ata a creación do rexistro no ano 1870. Os padróns de habitantes polo contrario non van máis alá do ano 1933 e as eleccións do ano 1948.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por máis de 23.657 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2016 11:42
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/