DESCRICIÓN:
As institucións asinantes, Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, levarán a cabo de mutuo acordo o contido das prestacións especificadas no programa de Respiro e de Animación Hospitalaria, obxecto deste convenio.
OBXECTO:
- Complementar os servizos que ofrece o hospital incidindo principalmente nas relacións persoais e no desenvolvemento integral.
OBXECTIVOS:
- Paliar a ruptura co medio social que padece o/a menor durante o seu ingreso, facilitando a estancia do/a neno/a no centro hospitalario.
- Desenvolver no hospital un clima rico en relacións humanas entre os/as pacientes evitando situacións de illamento e soidade do/a neno/a.
- Asegurar unha oferta plural de actividades lúdicas: xogos, actividades manuais, cancións, conta-contos.
- Desenvolver a creatividade e sensibilidade no/a neno/a sobre temas e actividades realizadas nun espazo lúdico e educativo.
- Ofrecernos como un recurso estable de apoio ás familias con menores hospitalizados.
ACCIÓNS:
As accións principais que se levarán a cabo desde o programa consistirán en:
- Ludotecas e aula de xogos. Con actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, préstamo de xoguetes, animación á lectura e conta-contos, visualización de películas, apoio escolar...
- En habitación: acompañamento en habitación, actividades de lecer e tempo libre en habitación, servizo de biblioteca, préstamos de xogos, xoguetes, etc... apoio escolar, servizo de soporte e respiro a familias e acompañantes.
As actividades terán sempre unha mesma estrutura, que se poderá variar en función das demandas dos usuarios/as e das avaliacións; agora ben os contidos de devanditas actividades si variarán ao longo das semanas.
O desenvolvemento das actividades farase tanto de forma individual coma en grupo. Isto é, sempre que sexa posible involucrará a amigos, familiares, do neno ou nena na dinámica. Formación: ó comezo da tempada realizarase un curso para voluntariado no que se impartirán os fundamentos básicos do programa, intervención no hospital, técnicas de animación e manexo de grupos, planificación de actividades e características da etapa infantil.
Ó longo do ano realizaranse monográficos de reciclaxe sobre a temática do programa.
DESTINATARIOS:
O perfil dos destinatarios deste proxecto serían:
nenos, nenas e mozos de entre 0 e 18 anos con enfermidades de media e longa duración hospitalizados ou en situación de convalecencia domiciliaria. Os menores poden estar situados na planta de pediatría ou noutra zona do hospital.
As patoloxías que poden sufrir estes nenos e nenas poden ser de diversa índole: óseas, musculares, intestinais, respiratorias, renais, politraumatismos, etc. O número estimado de beneficiarios e beneficiarias durante o período de permanencia do proxecto será de 60 menores.
|