[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2003 

Prezo público polos servicios prestados no Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM)

O Pleno da Excma. Deputación Provincial, na sesión do día 12 de maio do ano actual, acordou fixar os seguintes prezos públicos polos servicios que se presten no Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM).

PRIMEIRO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren os prezos públicos regulados neste acordo as persoas ou entidades que soliciten estes servicios ou se beneficien directamente deles.

SEGUNDO. CONTÍA

    A estructura e contía destes prezos públicos será a que figura no ANEXO a esta ordenanza.

TERCEIRO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As cantidades esixibles segundo as tarifas e bases de cada curso liquidaranse por cada servicio solicitado.
     
  2. As persoas ou entidades interesadas en utilizar estes servicios deberán realizar a oportuna solicitude nos prazos que se abran para o efecto.
     
  3. En caso de que non se preste o servicio, os interesados poderán solicitar a devolución do importe ingresado, que será aceptado sempre que a falta da prestación non lles sexa imputable.

CUARTO. OBRIGACIÓN DE PAGAMENTO

  1. A obrigación do pagamento nace ó ser aceptada a solicitude.
     
  2. O pagamento efectuarase unha vez aceptada a solicitude do servicio, no prazo sinalado en cada caso.

QUINTO. ENTRADA EN VIGOR

    Unha vez aprobado polo Pleno, este acordo entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/08/2003 06:31
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/