[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 26 DE SETEMBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Historia » Historia da Deputación
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Corporación
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Historia da Deputación
Cronoloxía 1836-2003
Presidentes da Deputación
Cronoloxía 1836-2003
Arquivo gráfico
Biografías
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

Páxina 1 [2] 3
HISTORIA DA DEPUTACIÓN 

Acta do 12 de febreiro de 1836, onde se recolle
o nacemento da Deputación de Pontevedra

Economía: favorecendo o desenvolvemento agrícola a través das fincas Areeiro en Lourizán ou Mouriscade en Lalín, colaborando na investigación para a mellora agrícola-gandeira coa Misión Biolóxica de Galicia. Contribuíndo ó fomento da pesca e da industria.

Acción municipal: apoio constante ós concellos a través dos plans de cooperación, realizando obras de carácter público, construcción de centros escolares, sanitarios, deportivos, promovendo actividades e favorecendo a electrificación na zona rural.

Rede viaria: construcción e conservación de camiños veciñais a través do seu Plan de Camiños, transformando estes en vías de comunicación.

Educación: a función educativa foi sempre un referente nas labores da Deputación. A última acción, a colaboración e participación na instalación da Facultade Belas Artes na cidade de Pontevedra; anos atrás xa o fixera coa Universidade Nacional de Educación a Distancia e maila Escola de Enfermería. A creación e mantemento da Escola de Canteiros en Poio, berce de grandes profesionais.

Acción social: ata hai uns anos coñecida por beneficencia. A Inclusa, o Hogar Provincial e a Gota de Leche, hoxe xa inexistentes, son algúns exemplos do traballo emprendido. Hoxe o carácter benéfico céntrase na Cidade Infantil Príncipe Felipe, institución tamén educativa, destinada á acollida e formación de mozos e nenos.

Sanidade: transferida esta competencia á Xunta de Galicia desde hai uns anos. A Deputación construíu o Hospital Provincial de Pontevedra e o Hospital Psiquiátrico do Rebullón en Mos (Pontevedra), propiciándolles persoal e equipamento.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/12/2003 10:38
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/