A Deputación de Pontevedra créase a partir do decreto de setembro de 1835. Na acta do 12 de febreiro de 1836 recóllese o seu nacemento co fin de promover a prosperidade da provincia.
Pontevedra é a menor das catro provincias galegas, recibindo a súa capital o mesmo nome. Conta coa poboación relativa maior de toda Galicia, repartida entre os 62 concellos que a forman, cos que a Deputación colabora na acción municipal, así como de intermediaria entre as administracións central e local.
Desde 1836 as funcións da Deputación repártense entre tres accións: administrativa, económica e técnica, todas e cada unha delas necesarias para que esta institución de carácter público acade o bo goberno económico e político da provincia. Tendo a súa base electoral nos trece partidos xudiciais existentes na actualidade, agrupados nas sete xuntas electorais.
En relación co aspecto económico non contou sempre cos medios oportunos ó longo da súa historia para facerse cargo da administración provincial, pero non por esto deixou que labores emprendidos durante case xa cento setenta anos se fixeran realidade. |