[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Publicacións periódicas
Páxina Principal
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8
CATÁLOGO 

Publicacións periódicas

PONTEVEDRA. REVISTA DE ESTUDIOS PROVINCIAIS

O terceiro número da revista publicábase en 1987, reiniciándose así a continuidade e periodicidade semestral que hoxe a caracteriza, dende o número cero aparecido no ano 1982. A revista Pontevedra convértese nun vehículo de expresión de recoñecidos investigadores do campo das Ciencias Sociais e Humanidades. Froito dunha coidadosa selección, esta publicación componse de varios artigos, todos eles traballos de investigación que converten á comunidade autónoma galega no eixe fundamental de estudo. En definitiva, é un proxecto asinado por destacados autores, destinado a divulgar traballos de investigación para un maior e, sobre todo, mellor coñecemento da nosa realidade histórica, social e cultural máis próxima.

PONTENOVA. REVISTA DE NOVOS INVESTIGADORES

A revista de novos investigadores Pontenova aposta por cubrir un amplo espazo sociolóxico no que teñen cabida diversos estudos do campo das Ciencias Sociais e das Humanidades. No ano 1994 sae á luz, co fin de estimular a investigación entre a xente máis nova e, á súa vez, achegarlles ós lectores as contribucións realizadas no ámbito dos estudos locais. Convértese deste xeito nunha forma válida para que a ninguén se lle negue o dereito a comunicar uns traballos que, de non atopar este campo de expresión, dificilmente sairían á luz.

PONTENORGA. REVISTA DE ESTUDIOS SOCIOLINGÜÍSTICOS

Revista cun claro contido sociolingüístico que tenta chegar ás mans do maior número de lectores, en especial ás daqueles interesados na problemática da lingua galega. O Servizo de Publicacións, seguindo unha política de normalización e dinamización do uso do galego pon en marcha esta publicación no ano 1998, un proxecto destinado a estimular e divulgar traballos de investigación nos que o idioma e cultura galegas sexan o referente fundamental.

BISCUIT

Ante a proliferación das cada vez máis orixinais formas de expresión artística, a Editorial da Deputación de Pontevedra inicia no ano 2008 una nova liña editorial, Biscuit, publicación periódica na que o mundo da arte atopa un punto de encontro. Biscuit convértese, deste xeito, nun órgano de expresión e comunicación ao servizo de especialistas, artistas, teóricos, críticos, profesionais, interesados na reflexión, creación, xestión e difusión da arte. Pretende ser, pois, unha canle de difusión para a xuventude creativa galega así como un foro de referencia dos nosos máis internacionais representantes e embaixadores culturais.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/05/2018 11:38
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/