[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina 1 2 [3]
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de pontevedra

Convocatoria dunha bolsa de diplomado universitario de mestre coa especialidade en Música

Bases | Modelo de instancia | Adxudicación

Convocatoria para a adxudicación dunha bolsa de diplomado universitario de mestre coa especialidade en Música e con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra.

De conformidade coa proposta do xefe do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Deputación Provincial convoca unha bolsa de diplomado universitario de mestre coa especialidade en Música para realizar tarefas de investigación e colaboración relacionadas co Arquivo Musical do citado Servizo, segundo as seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, por concurso de méritos, dunha bolsa, e ten por obxecto a colaboración na realización dun arquivo musical con obxecto de preservar o patrimonio musical galego no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial e está destinada a diplomados universitarios de mestre coa especialidade en Música.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarias destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de diplomado universitario de mestre coa especialidade en Música ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data en que remate o prazo de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figura cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 06/454.451.481.02 do orzamento provincial.

O pagamento da bolsa ó beneficiario realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
  6. Documentación que acredite os méritos alegados.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    un deputado provincial desta Deputación Provincial e o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.
  • Secretario:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

  1. Expediente académico, ata un máximo de 1,00 punto.
  2. Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos por centros oficiais, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co obxecto da bolsa, ata un máximo de 2,00 puntos, computándose:
    1. De 200 ou máis horas 0,30 puntos
    2. De entre 100 e 200 horas 0,25 puntos
    3. De entre 60 e 99 horas de duración 0,20 puntos/curso
    4. De entre 30 e 59 horas de duración 0,15 puntos/curso
    5. De entre 10 e 29 horas de duración 0,10 puntos/curso
    6. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos/curso
    7. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos/curso
    8. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos/curso
    9. De entre 1 a 3 créditos 0,10 puntos/curso
  3. Por servizos prestados na Administración pública en postos das mesmas características cá bolsa ofertada, 1,00 punto por 6 meses de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 2,00 (dous) puntos. A experiencia profesional deberá acreditarase mediante certificación acreditativa, expedida pola Admón. pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados. Para tal efecto, non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral expedida pola tesourería xeral da Seguridade Social.
  4. Cursos específicos de lingua galega niveis de iniciación (0,25) e de perfeccionamento (0,25) puntos (ou validación correspondente).
  5. Por publicacións (musicais ou bibliográficas), ata un máximo de 1,00 punto.
  6. Outros méritos relacionados coa convocatoria (premios, bolsas, prácticas...), ata un máximo de 0,50 puntos.

Poderase manter, con cada un dos aspirantes, se o tribunal o considera oportuno, unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa cuxa valoración non exceda en ningún caso de 3,00 puntos.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que consideren mais idóneos. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou o goce destas no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Comisión de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado organismo.
  5. A Comisión poderá convocar os solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu curriculum. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases.

11.— DERECHOS SUPLETORIOS
A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro suxeitarase ó previsto nas presentes bases e, ademais, ó previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 13 de marzo de 2006
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 10/04/2006, número 70, páxina 16, anuncio 2006003362.

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/05/2006 13:47
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/