[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Cartoteca » Fondos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Servizos
Fondos
Casa do Mapa
Catálogo
Audiovisuais

Páxina 1 2 [3] 4 5
CARTOTECA  

Fondos

Co termo “materiais cartográficos” inclúese unha ampla gama de documentos, todos os que representan na súa totalidade, ou en parte, a terra ou os corpos celestes a calquera escala, como os mapas e planos en dúas e tres dimensións, as cartas aeronáuticas, mariñas e celestes, os globos, os bloques–diagramas, os cortes de terreo, as fotografías aéreas, os atlas, as vistas de paxaro, etc. Así, o fondo cartográfico da cartoteca estará constituido polos anteriores tipos de documentos, calquera que sexa o soporte no que se publiquen.

A adquisición dos fondos estase a levar a cabo mediante compra a entidades públicas e privadas, doazóns, legados, e a través de convenios cos diferentes organismoa públicos, que consisten basicamente na transferencia de todo o material cartográfico con fins de consulta e investigación, de calquera temática e soporte que sobre a provincia de Pontevedra dispoñan no seu fondo.

O fondo cartográfico, que cobre todo o publicado sobre a provincia de Pontevedra, conta con tres seccións ou tipos de fondos diferenciados:

  • Fondo cartográfico
    Corresponde a material moi diferenciado en tipoloxía, temática e soporte, e representa dende o punto de vista cronolóxico unha alta proporción de material moderno e contemporáneo, aínda que tamén en menor medida antigo (orixinais e reproduccións).
  • Fondo bibliográfico
    Conta con obras especializadas que serven de apoio á consulta do material cartográfico para poder interpretalo coa máxima eficacia.
  • Arquivo cartográfico dixital
    Está constituido polo material cartográfico dixital que en diferentes soportes dispoñemos no fondo da cartoteca. Tamén forma parte del, o material cartográfico antigo da provincia de Pontevedra, localizado tanto en arquivos públicos coma privados.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/10/2015 10:48
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/