[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Pazos de Borbén » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Pazos de Borbén
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
PAZOS DE BORBÉN 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 2.002 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1821 ata o 2015.

A maior parte da documentación atópase ben conservada e sen notables carencias. No conxunto documental destaca principalmente as completas series do presuposto municipal dende o ano 1841, así como os libros de actas do Pleno dende ese mesmo ano. Os padróns de habitantes retrotráense, tamén con certa continuidade, ata o ano 1838 e son moitas as series con testemuños do século XIX, tal e como reflicte o cadro de clasificación.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático nunha base de datos formada por 23.835 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 14:09
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/