[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Pazos de Borbén » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Pazos de Borbén
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
PAZOS DE BORBÉN 

Introducción

O concello de Pazos de Borbén sitúase na zona central da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Soutomaior, Fornelos de Montes, Mondariz, Ponteareas, Mos e Redondela.

Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados cun total de vinte e nove entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras, nas que residen case tres mil cincocentos habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Redondela, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, no caso da parroquia de Pazos, con señorío do duque de Soutomaior.

Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Redondela, constitúese como concello no ano 1836 coa mesma configuración espacial que hoxe aínda ten. O número de parroquias incrementarase coa creación de A Ermida segregada da de Santa María de Pazos.

Deste funcionamento continuado do concello xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do propio concello e, nos últimos anos, polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación, na que se dispón en locais equipados para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado do local en dúas ocasións, acadándose na actualidade as idóneas condicións por unha variada causalidade.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/03/2005 08:19
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/