[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Pazos de Borbén » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Pazos de Borbén
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
PAZOS DE BORBÉN 

O local

Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha edificación á que se trasladaron as dependencias e servicios municipais no ano 2001, entre elas o arquivo municipal, antes disposto no baixo cuberta da antiga sede municipal.

Esta moderna edificación desenvólvese horizontalmente, con abundantes vans e unha distribución en baixo e planta. Na zona central rómpese a composición verticalmente cunha elevación do teito e unha ampla balconada.

Dentro da distribución do conxunto proxéctase o arquivo na planta baixa, a carón das oficinas e salón de sesións, nunha sala rectangular de cincuenta e oito metros cadrados, conectada con escaleira interior con outro espacio na planta superior, concebido inicialmente como zona de traballo e consulta que pode complementa-lo espacio de depósito en caso de futura necesidade. Ademais anexo ó arquivo cóntase cun espacio para o almacenamento de publicacións, boletíns, impresos e outros materiais.

Conta o local con tódalas condicións necesarias de habitabilidade, ventilación, limpeza, control ambiental e iluminación, para a súa función conservadora e cos equipamentos requeridos para o tratamento e utilización dos fondos existentes, entre eles estantes metálicos, mesa de consulta e ficheiro metálico.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/10/2008 12:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/