Guía do Servizo de Acción Social
A Guía do Servizo de Acción Social de 2006 recompila todas as actividades do servizo e dos seus ámbitos de actuación, o que lle permite unha mellor información á cidadanía. Nesta guía, ademais das iniciativas emprendidas polo servizo de Acción Social, tamén está incluído o traballo da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD), que intervén na integración laboral, e os proxectos europeos promovidos pola Deputación.
Recurso de grande interese no que se inclúen todo os ámbitos de actuación do servizo: muller, familia, xuventude e infancia, discapacidades, terceira idade, alcoholismo así como drogodependencias e incidencia noutros colectivos. Pódese consultar en cada unha das áreas as axudas, convenios, actividades, etc.
|