[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico
Páxina Principal
Patrimonio Documental
e Bibliográfico
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 

Servizo de Patrimonio
Documental e Bibliográfico

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación Provincial de Pontevedra" como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, as dúas seccións nas que se estructura o Servizo, co fin de difundir a información e a cultura.

  • Patrimonio Documental

    Comprende dúas áreas de actuación:

    • Arquivo da Deputación

      A súa función básica consiste en recoller, organizar e servir a documentación producida polos propios organismos da Deputación e aqueles outros fondos recibidos por vías e causas diversas (compras, doazóns...). Na actualidade mantén un notable fondo propio da institución e un numeroso grupo de fondos especiais.

    • Patrimonio Documental Provincial

      Desenvolve tarefas de información e asistencia técnica permanente en todo o que atinxe ó patrimonio documental existente na provincia, especialmente ó das entidades locais segundo a función legal atribuída ás deputacións para lles proporcionar asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos.

  • Patrimonio Bibliográfico

    Xestiona o fondo bibliográfico xurdido a partir dunha política de adquisicións, doazóns e intercambio bibliográfico de monografías referidas á provincia de Pontevedra e a Galicia. Conta ademais entre as súas funcións a da salvagarda e divulgación do patrimonio cultural inmaterial deste territorio.

    Conta na súa organización coas sección de monografías de Galicia, hemeroteca, cartoteca, fondos sonoros e musicais, fondo gráfico e fondo audiovisual.

  • Editorial

    Coa función de lle dar forma e funcionalidade á política desta Deputación no que respecta á edición e difusión das publicacións periódicas e dos fondos bibliográficos, nace o Servizo de Publicacións en 1986, que dispón dunha ampla gama de obras editadas, froito dunha coidada selección de coleccións e campos temáticos.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/11/2018 12:30
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/